A Oficina de Software Libre da Xunta de Galicia (OCFLOSS) é un organismo, encadrado na Área de Sociedade Dixital da AMTEGA, encargado de canalizar as accións en materia de software libre impulsadas pola Administración autonómica, así como asesorar aos distintos axentes do goberno rexional en materia de software libre e datos abertos. Ofrece, ademais, labores de asesoramento e difusión a outras administracións locais, así como ao sector privado e á cidadanía.
Entre as responsabilidades da Oficina atópanse:
- Ofrecer consultoría en materia de software libre e datos abertos aos organismos públicos que o requiran.
- Coordinar a liberación como software libre de software da Xunta de Galicia así como de conxuntos de datos existentes na Administración.
- Manter aberto o diálogo entre a Administración e as diferentes entidades que forman o ecosistema de software libre en Galicia.
- Aumentar o coñecemento de solucións libre e fomentar a reutilización de solucións existentes. Para iso realiza e coordina actividades divulgativas como seminarios, boletíns, artigos e elaboración de contidos multimedia (Vídeos e Podcast).
- A estratexia da Oficina de Software Libre faise pública a través do Plan de Acción en materia de Software Libre, que se publica de xeito anual e que recolle todas as actividades previstas para a difusión e fomento do uso do software libre en Galicia.
Personal projects
View allLoading
Loading
About
Oficina de Software Libre da Xunta de Galicia. Este organismo, encadrado na Área de Sociedade Dixital da AMTEGA, é o encargado de canalizar as accións en materia de software libre impulsadas pola Administración autonómica
Info
Xunta de Galicia
Galicia
12:54 PM
Member since November 15, 2023